inicio cine-teatro Tiruleque Silicon Valley

TIRULEQUE



SILICON VALLEY

- ARGUMENTO:


SILICON VALLEY, comedia-farsa que conta a historia sinxela dunha parella de noivos, Menchu e Fito. Menchu, filla de Pedro Beltrán, novo rico, trata de persuadir ó seu pai para que non se opoña ás súas relacións amorosas, nembargante Pedro, que fixo a súa fortuna de xeito pouco claro, tén a teima permanente de que Fito quere casar con Menchu para consegui-los seus cartos e que non é un bo partido para a súa filla. Santiago, o pai de Fito, amigo da nenez de Pedro, é invocado polos noivos para convencer a D. Pedro de que a Fito e Menchu serán unha parella feliz e que Fito non quere aproveitarse dos cartos do seu futuro sogro. Na entrevista, Santiago e Pedro discuten, pero horas máis tarde, por cuestións duns negocios que Pedro quere facer cuns americanos, chama a Santiago porque élle imprescindible para chegar a bo termo no negocio cos americanos, que Santiago lles venda unha viña no Ribeiro, sen contárlle-lo que se acocha detrás da operación bursátil. Fito ten que intervir, no canto do seu pai, por necesidades legais, e trata de imporlle a Pedro como condición , que acepte a súa relación con Menchu... (O final tén sorpresa e non está ben contalo agora; mellor velo)

 

TIRULEQUE, Grupo de Teatro estreou esta obra o día 5 de Xullo de 2003, no Auditorio do Carballiño con grande éxito e cheo do aforo.

Repúxose a petición popular o 11 de Outubro de 2003 co mesmo éxito e de novo cheo do aforo.

Representouse:

No local social da AA. de VV. de Partovia o día 16 de Novembro de 2003.

Na Casa de Cultura de Ribadavia o día 27 de Decembro de 2003.

Na Casa da Cultura de Xinzo de Limia o día 28 de Decembro de 2003.

No salón de actos da AA. de VV. de Torrón o día 17 de Maio de 2004, dentro do programa “Circuítos Culturais no Medio Rural”, patrocinado polo Concello do Carballiño.

Nos salón do baixo da Casa do Concello en Porquerira-Forxa, o día 17 de Maio de 2004; Días das Letras Galegas, dentro do programa “Galicia nos Sentidos” da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

No salón do baixo da Antiga Escola de Cotelas o día 19 de Xuño de 2004; organizado e patrocinado polo Concello de Piñor.

No salón da Escola Municipal, en Beariz o día 10 de Xullo de 2004, dentro do programa Galicia nos Sentidos 2004, da Dirección Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia.

En Oímbra o 17 de Xullo de 2004 ás 10’30 horas da noite, dentro do programa Galicia nos Sentidos 2004, da Dirección Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia.

En Longoseiros o 18 de Xullo de 2004 ás 12 horas da noite, dentro do programa “Circuítos Culturais no Medio Rural”, patrocinado polo Concello do Carballiño.

En Avión o 23 de Xullo de 2004 ás 10’30 horas da noite, dentro do concerto da Deputación Provincial de Ourense.

En Santa Uxía de Lobas o 24 de Xullo de 2004, ás 10’30 da noite, dentro do programa “Circuítos Culturais no Medio Rural”, patrocinado polo Concello do Carballiño.

En Boborás o día 30 de Xullo de 2004 ás 11 da noite, ó suspenderse pola chuvia a representación prevista para o día 9; dentro do programa Galicia nos Sentidos 2004, da Dirección Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia, e formando parte do Festival de Teatro do Concello de Boborás.

En A Veiga o 31 de Xullo de 2004 ás 10’30 da noite, dentro do programa Galicia nos Sentidos 2004, da Dirección Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia.

En Chantada o 18 de Agosto de 2004 ás 10’30 da noite dentro do XIV Festival de Teatro Afeccionado de Chantada que organiza tódolos anos a Asociación Centro Teatral Faro-Miño.

En San Cibrao das Viñas o 3 de Setembro de 2004 ás oito da tarde, dentro do programa Galicia nos Sentidos 2004, da Dirección Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia.

En Señorín o 4 de Setembro de 2004 ás nove da tarde, dentro do programa “Circuítos Culturais no Medio Rural”, patrocinado polo Concello do Carballiño, no salón –teatro do Instituto IES 1.

No Teatro Principal de Ourense o 11 de Setembro de 2004 ás oito da tarde.

No salón de actos da Asociación de Veciños de Sagra en Miomas, dentro do programa “Circuítos Culturais no Medio Rural” ás 6 de tarde do día 20 de Novembro de 2004.

No Auditorio do Carballiño, novamente, dentro do Programa da Xuntanza de Mulleres Rurais 2005 ás 12’40 horas do sábado día 21 de Maio de 2005.

En Parderrubias, co gallo das festas do lugar, ás 22’30 horas da noite do día 28 de Maio de 2005.

En Chantada, de novo, especialmente solicitada a reposición, dentro do XV Festival de Teatro que organiza a Asociación Centro Teatral Faro-Miño ás 22’30 horas do día 25 de Agosto de 2005.

No Auditorio do Carballiño, por cuarta vez, dentro da Campaña de Axuda a Fátima (para colaborar a sufraga-los gastos da súa estancia hospitalaria en Huston) ás 22’30 horas do venres día 2 de Setembro de 2005.

No Auditorio da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá-Vigo, dentro da Semana do Festival de Teatro Afeccionado de Vigo, ás 20’30 horas do venres día 4 de Novembro de 2005.

No Auditorio do Concello de Laxe dentro do Programa “Cultura Túa 2005” da Xunta de Galicia ás 20 horas do sábado día 12 de Novembro de 2005.

No Auditorio-Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada, sendo seleccionados para actuar na II MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO DO CONCELLO DE SADA, o día 24 de Febreiro de 2006 ás 9 da noite.

No Auditorio do Concello de Boiro na VII Mostra de Teatro Afeccionado, o domingo, día 7 de Maio de 2006, ás 9 da noite.

No salón de Actos do cárcere de Pereiro de Aguiar (Ourense), o sábado día 20 de Maio do 2006, ás 18’30 da tarde, dentro dun programa da Semana das Letras Galegas, para os internos do centro.

Na Praza maior de San Cristovo de Cea (Ourense), o día 14 de Xullo de 2006, ás 11 da noite, dentro do Programa de Verán Cultural.

En Fornelos da Ribeira, Salvaterra de Miño (Pontevedra) o día 16 de Xullo de 2006, ás 22’30 horas, pechando a V Mostra de Teatro Afeccionado do Condado.

En Almoite (Baños de Molgas) o día 20 de Agosto de 2006, ás 22’30 horas, co gallo das Festas Patronais.

Na Casa de Cultura na Valenzá - Barbadás, ás 22 horas do día 30 de Setembro de 2006.

No salón de actos da Biblioteca Municipal de Ourense, o día 25 de Outubro de 2006, ás oito da tarde, co gallo da I Mostra de Teatro Afeccionado de Ourense.

No Salón de Actos do Edificio Sociocultural de Pantón, representouse ás 18’30 horas do día 19 de Novembro de 2006, dentro do “Outono Cultural 2006”, co patrocinio do Concello de Pantón e a Xunta de Galicia.

No Salón de Actos do Edificio da Terceira Idade de Vedra (A Coruña), ás 7 da tarde do día 16 de Decembro de 2006, dentro da programación do FESTIVAL MÓVETE 06, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado.

No salón de actos da Asociación de Veciños de O Sobral, concello de Coles, dentro do programa da Semana Cultural, ás 10 de noite do día 8 de Setembro de 2007.

Na Auditorio da Xunqueira de Redondela (Pontevedra) dentro da Festival Teafecciona, ás 10 da noite do día 17 de Novembro de 2007. (38)