OUTEIRO
Grupo de Acción Ecoloxista
Así comezamos....
O Grupo de Acción Ecoloxista “Outeiro” nace nos primeiros
anos da década dos oitenta, ó mesmo tempo que xurde en Galicia
a concienciación en contra dós vertidos radioactivos que
outros países están a facer no cemiterio nuclear da “Fosa
Atlántica”, situado a menos de duascentas millas das costas
galegas.
Un grupo de xoves, na súa maioría estudiantes, reúnense
habitualmente para falar de temas que lles son próximos. Ómesmo
tempo non eran alleos ós acontecementos de actualidade por mor
dos vertidos radioactivos e coñecedores do problema que se viña
enriba das costas galegas, intégranse na “Plataforma Antinuclear”
e participan, xunto con outras forzas políticas, sindicais e sociais
de Galicia, na marcha que se organiza para protestar no territorio inglés
polos vertidos diante das costas galegas.
Un vello autobús de dous pisos, que noutra época fixera
servicio nas rúas de Londres, é axeitado para a ocasión
e serviu para facer a viaxe deica ó Reino Unido atravesando parte
de España e Francia.
As accións reivindicativas no territorio inglés consistiron
en manifestacións de protesta diante do Parlamento, encadeándose
algúns dos representantes ó edificio e liberados das cadeas
polas forzas de seguridade inglesas, que ós presentaron diante
da Corte de Xustiza, condenándoos a non poder entrar no Reino Unido
en varios anos.
Ó regreso do autobús a Galicia recorréronse as poboacións
de onde eran nativos os compoñentes da marcha de protesta, con
broche final en Santiago.
Estas accións reivindicativas foron seguidas pola prensa nacional
e internacional, que coas notas oficiais de protesta do goberno español,
valeron para poñer punto final ós vertidos radioactivos
no mar e fronte ás costas galegas.
Con esta popularidade por diante xurde a necesidade de proceder á
legalización da asociación, xa que o número de asociados
e as actividades aumentaban, é por elo que o luns 2 de abril de
1984, constitúese a Comisión Xestora, formada inicialmente
por Juan Míguez Otero, José Viñal Rodríguez,
Avelino González Pedrouzo y Felix Angel Gómez Morales, para
legalizar a asociación.
En xuño dese mesmo ano, o Ministerio do Interior aproba os estatutos
e o Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro queda inscrito no Rexistro
Nacional de asociacións co número 55.623, e co 364 da provincia
de Ourense, ó tempo que o Ministerio de Economía e Facenda
asínalle o C.I.F. número B32014987.
Encamiñando o futuro.
As primeiras actividades non se fan esperar e en pouco tempo xa conta
cun recinto pechado nas inmediacións de Corzos, terreos que logo
collería o mercado de gando, onde se coidaba a diversa fauna salvaxe
que chegaba ferida a mans dos compoñentes do grupo.
Asemade leváronse adiante outras iniciativas, entre elas algunha
de carácter cultural, nas que destacou a contratación do
grupo galego “Milladoiro”, ca finalidade de recadar fondos
para facer outras actividades propias do grupo.
A iniciativa municipal de construir o mercado comarcal de gando, puxo
ó grupo en situación de abandonar as instalacións
por ser os terreos ocupados destinados a recinto da feira. Esto levou
a buscar novo emprazamento para seguir cas actividades e solicitouselle
ó Axuntamento unha parcela no pobo de Seoane, sendo aprobada a
cesión a favor do grupo ecoloxista en sesión plenaria.
A nova localización, cunha superficie de 3500 m2. próximos
ós terreos da Mancomunidade comarcal, foi pasando progresivos cambios
ata ser Centro de Recuperación da Fauna Salvaxe, pioneiro de Galicia
neste tipo de actividades. Co paso dos anos melloráronse as instalacións,
axustándoas ós diversos programas de colaboración
que se levaban a cabo coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta
de Galicia.
O 10 de xuño de 1992, da man de Paco Valeiras, asínase convenio
de colaboración co Ministerio de Xustiza para que os obxetores
de conciencia poidan prestar servicios sociais no G.A.E.”Outeiro”.
En pouco tempo o cupo de colaboradores sociais ampliouse ata 16 obxetores
e máis de 10 voluntarios. Esta situación mantívose
ata finais do ano 2000, data na que rematou o servicio militar obrigatorio
e por conseguinte a prestación social sustitutoria.
A presencia de colaboradores sociais no grupo fixo posible que se levasen
a cabo programas de traballo ambiciosos e se conseguira acadar para o
Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe recoñecemento á
súa labor a nivel de Galicia, a par que se fan traballos de campo
sobre temas medio-ambientais, para o Axuntamento de O Carballiño,
sobre vertedoiros incontrolados, censo de manantiales e fontes, pozos
negros e fosas sépticas.
Nesta época asínanse convenios de colaboración coa
Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente,
para a execución e posta en práctica de varios programas
de reintroducción de especies extinguidas, así como tratamento
de fauna salvaxe ferida e outros estudios da fauna.
Así é hoxe...
Acondicionar as novas instalacións para outros fins máis
ambiciosos, que somentes a recuperación da fauna salvaxe, motivaron
que o G.A.E. cambeara o enfoque das actividades e, o que fora Centro de
Recuperación de Fauna Salvaxe reconverteuse en Centro de Educación
Ambiental e da Protección da Biodiversidade para o que se fixo
unha sala de exposicións, equipada cos medios técnicos precisos,
que inaugurou o Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, D.
Carlos del Alamo, o 3 de outubro do 2000, e pasa a completar as instalacións
que o Grupo de Acción Ecoloxista “Outeiro” mantén
en permanente funcionamento.
Desta época é a incursión nas técnicas de
producción no mundo do cine, aportando diversa fauna para a realización
de filmes da man de Juan Pinzás, José Luis Cuerda e aínda
de un dós Monthy Piton.
O último proxecto que leva a cabo o G.A.E. “Outeiro”
é a posta en funcionamento do canil municipal con ampla cobertura.
Obxetivo polo que leva loitando dende fai varios anos e que acada dimensións
de utilidade pública para toda a comarca e mancomunidades limítrofes
a partir do ano 2002.
Dende o ano 2006 o G.A.E. Outeiro colabora coa
Consellería de Medio Ambiente e máis coa Asociación
de criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA) no programa de minimizar
os ataques á cabaña gandeira galega mediante a incorporación
ás explotacións de mastíns leoneses.
Teléfonos:
Teléfonos:
Grupo de Acción Ecoloxista "Outeiro": 988-27.41.94 -Paco
Centro de Recuperación de Fauna: 649.528.454 -Paco
Canil do Carballiño.- G.A.E. Outeiro: 607.480.621 -Víctor
Direccións:
Grupo de Acción Ecoloxista "Outeiro"
Apartado de correos 128
32500- O Carballiño (Ourense)
e-mails: ecoloxistaouteiro@gmail.com ou ecoloxistaouteiro@msn.com
Centro de Educación Ambiental e da Protección
da Biodiversidade,
Ó lado da Mancomunidade.
Seoane – O Carballiño (Ourense)
Canil Municipal
Monte de A Medela
A Medela – O Carballiño (Ourense).
|