inicio cine-teatro nanín-baranda Galiza

GALIZA



1. Memoria

2. Ficha técnica e artística

3. Materiais

4. Guión

5. Plano da rodaxe

6. Galería de imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

Galiza:

1. memoria

GALIZA é a historia dun microcosmos pechado onde todo xira en círculos concéntricos, empezando pola narración e terminando polos personaxes atrapados alí dentro. Sentados entre a clientela atopamos a un sibarita dos puros, a un escéntrico saxofonista, a unha parella de anciáns e a unha mociña namorada dun rapaz despistado e medroso. Por medio está un camareiro sabeotodo e un travesti que nos anticipa os acontecementos da historia que vamos a presenciar…

Os personaxes que habitan na curta teñen dúas facianas, unha interna e outra distinta por fora, pensan unha cousa e din outra. Aguantan có que lles tocou no reparto e deixanse ir, non loitan para mudala súa situación. Primeiro o camareiro, despois a señora e despois os mozos…

O personaxe do mozo saxofonista semella a conciencia que Galiza leva dentro e que non florece por riba da penumbra na que estamos mergullados. El observa, el enxuiza.

O encuadre: ¿mostrar ou deixar fora? Mediante cadros valeiros de xente nun principio, coa posterior aparición do personaxe, xogaremos coa evidencia do fora de campo. Algo pasou fora do noso alcance e non conseguimos ollalo. ¿Será a conciencia? ¿Será o noso pasado escuro? É algo borroso e confuso que se reflexa no espello do excusado onde Jazzmine pinta os beizos.

Jazzmine é a portadora da “rosa branca”, é quen convirte a Galiza no Brazil da ciencia ficción. É quen nos conta un conto ó principio e non o remata ata o final, cando obriga ó mozo a ir detrás da moza.

A curta propón un cinema de esencias e atmósferas, absolutamente visual e espiritual, por iso é que non importa seguirllelo ritmo aos avatares do argumento. Por iso pode dar a impresión de que a historia vai lenta. Trátase de convocar a un espectador activo que deberá despegarse da súa predisposición habitual para ollar unha película e terá que buscar no seu interior o lugar ideal para vaciarse. Non pode esperar nada, debe relaxarse e deixarse ir pola delicadeza das imaxes e dos sons que lle regala o filme.

A principal pretensión desta curtametraxe é poder desenrolar un exercicio cinematográfico conxugando unha forte aposta visual, mediante a rodaxe en blanco e negro, cunha narrativa atípica que mistura voces en off con diálogos.


- Pensándoo ben, toda a miña ambición
estriba e convertirme nun bo artesán.-
[ Yasujiro Ozu]





 

 

 

 

 

 

 

2.ficha técnica e artística

una producción OS FILMES DA PÍNTEGA – PLÁCIDO BARANDA P.C.

en colaboración con I.E.S. “IMAXE E SON” DA CORUÑA – E.I.S.

subvencionado por DIRECCIÓN XERAL DE COMUNICACIÓN E AUDIOVISUAL
Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
XUNTA DE GALICIA


un filme de PACHI BARANDA e MANUEL I. NANÍN


con ANA ANTA FERNÁNDEZ
DANI MÉNDEZ
XOSÉ MANUEL PÉREZ
CLARA VÁZQUEZ
CHICHO CARBALLIDO
ANTONIO REY
MANUEL BRAVO ABRALDES

y la aparición especial de RUSH MAGIK

guión PACHI BARANDA

ayudante de dirección MÓNICA CORTÉS

imagen TXAPU

sonido ÓSCAR FERNÁNDEZ ÁLVAREZ
LUCAS PARDO NAVAL

música TREM FANTASMA

iluminación y cámara JOSÉ BARREIRO QUINTÁS
JUAN FIGUEIRAS GROBAS
ANTÍA L. C.
DANIEL VIQUEIRA CARBALLAL

producción EVA PARDO GONZÁLEZ
TATIANA GARCÍA
MARTA GÓMEZ
TAMARA SÁNCHEZ COSTA
NURIA SÁNCHEZ OTERO

script OMAR RABUÑAL

atrezzo XOSÉ MANUEL PÉREZ

así se hizo MANUEL A. VIQUEIRA

foto fija ELENA CRESPO RIBADENEYRA

maquillaje y peluquería SILVIA LORENZO BALTAR
SILVANA ÁLVAREZ FIGUEIREDO
PALOMA DE MARCO

vestuario CARMEN MELERO

montaje avid I.E.S. “IMAXE E SON” A CORUÑA – EIS

cámara ARRI BL IV

negativo película 35mm KODAK DOUBLE X – 5222 EN BLANCO E NEGRO

equipo de cámara E.P.C. GALICIA – FICCIÓN PRODUCCIONES

material eléctrico y LUZ PUNTUAL
maquinaria

laboratorio MADRID FILM LAB

montaje sonido MAFIARECORDS – O CARBALLIÑO

mezcla de sonido TECNISON – DOLBY SR


empresas colaboradoras FRIGORÍFICOS FLORINDO
LITO SEOANE ESTILISMO
CAFÉ PLAZA
PUB 6:30
PUB JAZZMÍN
CER&BER
CAFÉ BAR CASERÍO
IMPRENTA FACAL
A BODEGA
ARIMGRAF
HIPERCALZADOS
HOTEL RESTAURENTE O XARDÍN


formato 1:1.85 35mm B/N

duración 13 minutos

rodada en el Pub Jazzmín de O Carballiño entre los días 9 y 15 de agosto de 2004

G A L I Z A

OS FILMES DA PÍNTEGA
PLÁCIDO BARANDA VALEIRAS P.C.
R/. Piñor, 6 – Arcos.
O CARBALLIÑO. 32500(OURENSE)
988 270 098 – 635 479 280
foucinhos@yahoo.es

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3. Materiais:

JAZZMINE, IDENTIDADE

Jazzmine

Para falar dela habería que sentarse a unha mesa nalgún curruncho dalgún bareto da cidade vella e compartir unhas cervexas e un paquete de Ducados.

Jazzmine é unha sombra que o sol do amencer alonga ata o final da rúa. Cando os farois apenas latexan a súa figura camiña con parsimonia e garbo pola beirarrúa, tenta saborear o último suspiro da noite. Atrás quedan os coqueteos, as risas, os aloumiños e … os bicos. Atrás queda tamén Edith Piaf, Charles Trenett, Francoise Hardy, Jacques Brell e, por suposto, Tom Waits. As súas voces desgarradas calan ó veren o primeiro raio de luz matutina.

Pero Jazzmine aínda ten tempo para un derradeiro flirteo, dalle a parada a un aposto mozo vestido cun traxe comprado a medida para pedirlle lume. O galán, que semella ir a traballar a unha flamante inflamada oficiña dalgun banco inflamador, atende con prestura a petición e a cambio recibe unha bocanada de fume branco de tabaco negro.

O do traxe comprado a medida ven porque a nosa amiga tende a fixarse moito neses detalles, aclároo: o traxe do executivo non é un traxe a medida, feito por un xastre a medida, se non foi feito en serie e comprado en serie ¿a medida?

Pouco máis de Jazzmine. Non sei de onde ben nin onde vive, se está casada ou se ten familia. Aínda que sí o podería averiguar, bastaría con seguila unha noite cando volta para a casa, ou algunha mañanciña que ben a tomar café por aquí sen deitarse e logo vaise. Pero non quero, chégame con coñecela. Chégame con fumarmos un paquete de Ducados a medias ó tempo que xoga a ser coqueta.


Dí Jazzmine


“O máis importante que deberiamos ter en conta é o tema da identidade. Nos mesmas non iamos a chegar a ningún lado se non aceptamos que o travestismo é a nosa identidade. Non podemos empezar con que si somos homes ou se somos mulleres ou que somos.

A identidade é o que sei que son e o que sei que non son, o que quero ser e o que non quero ser. É o que sei de min. Un sentimento íntimo que nace do que vexo en min mesma e noutras persoas. No que me asemello e no que non, no que quero asemellarme e no que non quero asemellarme.

Se falamos de minorías referímonos a un grupo social con experiencias e valores vitais opostos aos dominantes. Así, temos que as minorías sexuais agrupan a dous colectivos: as que o son pola orientación sexual (gais, lesbianas e bisexuais) e as que o son por identidade de xénero (travestis, transxéneros e transexuais).

Mentras un transexual adopta unha identidade xenérica modificando a súa xenitalidade, os travestis non o facemos. Pero, ademais, non nos poden confundir cos transformistas, que só adoptan outra identidade de xénero como medio de actuación.

En canto a miña orientación sexual, pode ser calqueira; xa que a identidade sexual non se mide só coas marcas do corpo. Eu nego a masculinidade ó vestirme de muller, pero tampouco quero ser muller xa que constrúo a miña femenidade baseándome nesa negación. Unicamente aproveitome do valor do vestido, da maquillaxe e das poses. Deste xeito convírtome nunha falsa muller en nun falso varón, ó mesmo tempo.

Como di Simone de Beauvoir, non se nace varón nin muller ; a sexualidade faise mediante a intervención moitos outros que aportan os seus desexos, as súas fantasías, os seus quereres e coa súa propia identidade sexual.”

 


COUSAS DE LAURA

LAURA

Corre o mes de marzo e Laura apura as tardes para estudar e así ter un anaco de tempo libre, que gastará cada mañán nunha mesa de cafetería. Sempre darredor das dez e media,…

Sempre ten enriba da mesa unha carpeta cos apuntes das oposicións, un diskman, un libro forrado con papel de xornal e unha libretiña de aneis coas follas malvas onde escribe calqueira cousa que se lle pasa pola cabeza: contos, nomes de grupos ou cancións que escoitou na radio, debuxos de naves espaciais saíndo de entre as nubes, receitas, citas, listas varias, …e un contador, si, un contador, onde anota as veces que sucede algo moi especial para ela, pero non sabemos o que é.

Ah, tampouco pode faltar a súa mazá, porque Laura é diabética dende os 10 anos.

Aínda que ten 20 anos non conduce e ven tódolos días no primeiro tren dende O Irixo, así aproveita para escoitar algún programa madrugador na radio ou as cancións dun cd e leer pequenos pasaxes do seu libro. Ó chegar ó Carballiño vai directa á Academia ata a hora do anunciado descanso.

Como dixemos, ven do Irixo onde vive cos avós. Os seus pais están en Suiza a piques de rematar a súa vida laboral e voltar coa xubilación anticipada. Ó mellor, se Laura non consegue sacalas oposicións, aproveitarán parte dos aforros para montarlle algún negocio no Carballiño, posiblemente unha tenda de roupa ou de complementos. Pero eso a nosa mociña non é o que lle gustaría, ela quere viaxar e coñecer todo o mundo de tren en tren. Ou polo menos Europa. Iso sería o ideal para este verán: percorrer o vello continente co Interrail… se non pode ser terá que visitar as páxinas dese libro forrado co papel de xornal.

¿E qué máis decir dela? Que é bastante introvertida e un pouco tímida, e gústanlle os animais e a astroloxía. Tamén lle gusta andar descalza pola herba e inventar pequenas mentiras imaxinarias (como que o seu pai comprou un barco en Suiza e vaino traer subido na baca do coche). Gústalle a primavera porque pode andar en sandalias e por blusas convinadas con saias, xa que non lle gustan os pantalóns vaqueiros….

Laura e Sindo

Laura e Sindo coñécense, se se pode decir así, dende o 19 de setembro. A data é fácil, é o día da Saleta, motivo que propiciou que en todo o pobo só houbera un bar aberto a iso das dez e media da mañán.

Cando ela saía de tomarse a súa auga e comela mazaciña tropezou con Sindo que entraba e, aínda que soe a peli barata, os seus respectivos libros e demais acabaron espallados polo chan a cadros. Entre a mistura dos obxetos, confundiron unhos respectivos cds grabados…

Dende aquela Laura e Sindo escoitan cada un o cd do outro e tamén, dende aquela, acoden a diario a esta cafetería. Resulta curioso que ningún dos dous fixo ademán de devolverlle o cd ó outro nin tampouco de reclamarllo.

Pero máis curioso e o xogo que día a día os conduce a mirarse de reollo, a adiviñarse as respectivas vidas, … a soñarse.

Entre eles nunca falaron, pero si saben cousas o un do outro xa que aproveitan a complicidade que ten Laura co camareiro, Roberto, e Sindo con Jazzmine.

Contos de Laura

( Contos de 35 palabras )

DÚAS METADES

Pum, pum. A Lúa, o Sol. Pum, pum. O seu amor é un latexo partido en dous. Pum, pum. Lúa vístese de longo pero Sol nunca chega puntual. Pum, pum. Hoxe hai eclipse de Lúa.


NO CAMIÑO

Naquel pobo, en cada casa tiñan un libro á porta, así o viaxeiro que non quería entrar a sentarse con eles á mesa podía quedar a leer no xardín. Na última casa puxeran un diario.

ADICADO A BENEDETTI

O día que se xuntaron en liberdade fixeron o amor, outra vez nas esquinas, dende o abrente ó solpor e toda a noite tamén. E así foi que ela curou a agorafobia, el a claustrofobia.
A XOANIÑA

Érase unha vez unha xoaniña que naceu sen puntos no lombo. Todos se mofaban dela, pero aconteceu que o Arco de Vella diulle un punto de cada cor: foi a xoaniña máis fermosa do mundo.

CONTANDO TRINTA E CINCO

Unha, dúas, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once, doce, trece, catorce, quince, dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove, vinte, vinteún, vintedous, vintetrés, vintecatro, vintecinco, vinteseis, vintesete, vinteoito, vintenove, trinta, trinta e un, e fin?


( Outros contos )


O PEIXE FUMADOR

Pois sí, eu sei dun peixe que fumaba, ademais en pipa.

Cando andas polo mundo, sen rumbo, pódeste atopar de todo, pero para que vexas un peixe fumador xa hai que buscar e rebuscar. Porque peixes hainos de miles de cores, martelos, globos e mesmo voadores. ¡Pero fumadores!

O caso foi que, unhos días antes do outono, eu fun visitar a unhos amigos que vivían en Malpica; por eso de non deixar que o tempo faga unha fenda na amizade. El era Xavi, ela era Lorena. Xa facía unhos cantos anos que nos coñeceramos en Santiago, entre estudios, apuntes, bibliotecas e, como non, algunha festiña.

Xavi e Lorena. Sempre xuntos e sempre separados, votaron os anos da carreira xogando cos sentimentos sen chegar endexamais a ningún porto. Xavi era de Malpica, Lorena das Pontes.Tiveron que rematar e esperar a que a distancia lles obrigase a declarar o que xa sabían, a que a distancia os unise para sempre. Xavi e Lorena uniron os seus beizos por teléfono.

Agora eu vounos a visitar de cando en vez, porque en Malpica cómese moi ben. Iso fixemos, xantamos xuntos na súa casiña prantada enriba dun acantilado cunhas increibles vistas ó mar. Despois de xantar fomos a estira-las pernas pola pequena vila, subimos ó xigante rompeolas e mollamos os pés entre as ondas na area da praia.

Xa ía escurecer, eu tiña que voltar, non sin antes tomar un cafeciño repousado. Entramos nun daqueles bares cheos de mariñeiros con vistas ó seu lugar de traballo. Había bastante barullo e o ambiente estaba un chisco cargado. Fomos para unha esquina ó fondo da barra, onde tiñan a peixeira co famoso peixe fumador.

Eu cando o vin creín que me daba algo. Xúroo. O peixe estaba todo pancho chupando da súa pipa. A superficie da auga saían burbullas de fume aos poucos. A xente non lle daba ningunha importancia pero eu pregunteille a Xavi como era posible o que vían os meus ollos. Moi sinxelo, dixo el, este peixe de tamaño tan grande foi pescado por un vello mariñeiro, que xa morreu fai anos, despois de andar detrás del media vida. O día que o colleu, o peixe, que era moi listo, díxolle que por favor o soltara que non quería rematar a súa esistencia no bandullo de ningún lacazán. O vello mariñeiro contestoulle que cómo o ía a deixar ceibe co traballo que levara para pescalo, ademais, no pobo íanse a rir del. Despois de tantos anos de traballo non podía ceibalo. O peixe seguíu insistindo e convenceuno de que polo menos non o matase. O vello fíxolle xurar ó pescado que se o levaba con el e o metía nunha peixeira, tería que facer algo máis ca estar quedo, tería que diverti-lo. E ve-lo aí tes, o peixe elixiu fuma-la pipa do vello, o vello morreu e o peixe segue a fumar. Semella que lle gusta.

Agora, cando vou a Malpica levo sempre tres agasallos: un para Xavi, outro para Lorena e unha bolsa de tabaco.


O EL E A ELA

HABÍA UNHA VEZ UN EL QUE ERA TODO NOITE. SOMBRA DE SOMBRAS, PASO SOLITARIO, MOITO CAMIÑABA AS NOITES PARA ATOPALA.

HABÍA UNHA VEZ UNHA ELA QUE ERA TODA DÍA. DESTELLO DE TRIGO, DANZA CLARA, MOITO CAMIÑABA OS DÍAS PARA ATOPALO.

MOITO BUSCABAN O EL E A ELA. MOITO PERSEGUÍA A NOITE Ó DÍA. SABEDORES ESTABAN O EL E A ELA DE QUE A BÚSQUEDA NON SE ENCONTRABA.

PARECÍA QUE NON, QUE IMPOSIBLE, QUE NUNCA, QUE XAMAIS…

ENTÓN CHEGOU A MADRUGADA, PARA O EL, PARA A ELA.

POR SEMPRE XAMAIS.

 

A ROSA BRANCA


Pouco se coñece da historia dos intentos de oposición ó criminal réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial, polo que pénsase que absolutamente todo o pobo alemán foi indiferente, cando non cómplice, do Holocausto. Unha historia pouco coñecida, e a nosa homenaxe ós estudantes alemáns que se opuxeron a Hitler.
O período do III Reich tivo entre as súas particularidades o carecer de manifestacións opositoras de importancia. A escasa oposición, de feito, agrupábase en círculos conspirativos e clandestinos, coa participación de aristócratas, disidentes nazis, políticos prominentes e militares disconformes, sempre esiguos e alonxados da protesta pública. A única excepción á regla constituíuna o grupo universitario disidente denominado "A Rosa Branca" liderado polos irmáns Sophie y Hans Scholl.
"A Rosa Blanca" operou entre os anos 1942 e 1943, período bastante crucial no declive do III Reich; a campaña no leste revelábase como un fracaso e a derrota alemá era unha cuestión de tempo.
Paradoxicamente, o desenrolo desfavorable da guerra intensificou o espíritu criminal do réxime, como demóstrao a matanza industrial do pobo xudeo na chamada "Solución final" e internamente, a destrucción de calquer foco de disidencia a través da Xestapo.
Sophie e Hans naceron nos anos 1918 e 1921 respectivamente. As súas infancias transcurriron no meridional pobo de Ulm na rexión de Baviera. Se ben os seus pais sempre foron de tendencia liberal, especialmente o pai (Robert Scholl), e absolutamente apáticos frente ó Nacionalsocialismo, isto non impediu que os irmáns participaran durante a adolescencia nas organizacións nazis destinadas obligatoriamente ós xóves; Hans foi un activo membro en Ulm das "Xuventudes Hitlerianas" e Sophie das "Nenas Xermanas". Nembargantes a vulgaridade e violencia do nazismo non tardaría en decepcionalos.
O espectáculo da "Noite de Cristal", no que foi destruido e saqueado o comercio xudeo, incendiadas as súas sinagogas e asasinados moitos dos seus membros, e a progresiva desaparición das súas amizades desta nacionalidade, abríronlle os ollos acerca da realidade.
Co achego do seu pai (principalmente), os mozos empezaron a leelas obras de autores como Sócrates, Aristóteles, Maritain e outros, moitos dos cales estaban prohibidos polo réxime. Isto axudoulles a convertirse á causa do liberalismo e dos dereitos humáns. Incluso Hans, integrou un grupo intelectual de carácter opositor denominado o DJ11, o que lle costou nunha oportunidade un breve arresto.
Pero sen dúbida, a vida universitaria resultou crucial para os Scholl; Hans ingresou en Mediciña na Universidade de Munich e nela asumiu rápidamente un importante liderazgo entre os seus pares, atopando a compaña de varios amigos con ideas afíns como Cristoph Probst, Wili Graf, Alexander Schmorell, etc.
Das lecturas e discusións críticas, Hans e os seus amigos convertíronse de forma natural nunha agrupación política. Autodenomináronse "A Rosa Branca" (Weisse Rose). Máis tarde, chegou Sophie a estudar Bioloxía na mesma universidade co seu irmán.
Sophie era unha rapaza sensible e sentimental, que sentíase moi afectada polas víctimas do nazismo e pola apatía dos alemáns frente ó réxime terrorista; pero ó mesmo tempo resultaba un verdadeiro motor da organización, sempre disposta a actuar, sen temor a nada. Hans pola súa parte era máis cerebral, sentíndose especialmente atraído hacia a política como carreira.
A acción central de "A Rosa Branca" consistíu na difusión de propaganda antinazi a través de octaviñas mecanografiadas, dirixidas especialmente ós universitarios e ós cidadáns en xeral. As diferentes octaviñas foron diseminadas con algunhas interrupcións entre 1942 e febreiro de 1943. As interrupcións debíanse á participación obrigada dos estudantes de mediciña nos traballos de apoio no frente oriental.
A pesares do risco, "A Rosa Branca" diseminou con ésito os seus escritos por varios pobos e universidades alemás. O resultado destas accións foi patente, as octaviñas circularon por casi toda Alemania (especialmente Baviera, Stuttgart, Francfort) e parte de Austria (Viena).
Un día de febreiro de 1943, o Gauletier (xefe de distrito) de Baviera, Paul Giesler, visitou a Universidade de Munich, entre outras cousas para comunicarlle ós estudantes, que os varóns que eran inhábiles para a guerra, debían apoiar con outros traballos no frente. No medio do discurso a autoridade nazi referiuse burdamente ó rol das estudantes mulleres, ó respecto plantexou que o mellor que podían facer por Alemania era ter fillos, e continuou:
"Se algunha destas señoritas carece de encanto suficiente para atraer un compañeiro, asignarei a cada unha delas un dos meus homes... E podo prometerlles unha experiencia do máis agradable".
A reacción dos estudantes foi de gran indignación, os varóns votaron a empurróns e couces a Giesler e aos SS que o acompañaban, e o feito transformouse nunha catarse para os estudantes, sometidos a máis de 10 anos de tiranía e castración intelectual.
O 18 de febreiro de 1943 pasou á istoria coma o día da rebelión estudantil de Munich, os alumnos percorreron a cidade berrando consignas, lanzando panfletos e pintando as paredes coa palabra "Liberdade". Obviamente os Scholl, que tiñan moito que ver na axitación estudantil, participaron activamente aproveitando a ocasión para repartila súa propaganda dun xeito más público.
O 19 de febreiro, en plena revolta, Hans e Sophie lanzaban os seus panfletos polas ventás dos pisos superiores da universidade, nese intre foron identificados por un veciño do sector, cos denunciou á Xestapo. A policía, nunha rápida acción, pechou as portas da universidade e detívoos sinxelamente.
O final dos irmáns foi atroz, xa que o réxime asumiu o caso coma unha mostra aleccionadora para a resistencia.
A mañá do 22 de febreiro o Tribunal do Pobo dictou a súa sentencia, Sophie tivo que subir ó podio dos acusados con muletas debido aos malos tratos propinados pola Xestapo. Foron condeados á guillotina por cometer suposta "Alta traizón". Sophie, a pesares da súa condición, interrumpiu varias veces ó verdugo expresándose así:
"Vostede sabe tan ben coma min que a guerra está perdida, ¿cómo pode ser tan cobarde coma para non admitilo?"
Finalmente, arredor das 6 da tarde e logo de seren visitados por última vez polos seus pais, nun emocionado adeus, Hans e Sophie foron aguillotinados en Berlín. Según testemuñas, os xóves non mostraron cobardía algunha e enfrentáronse á morte con gran orgullo.
Nos días posteriores correrían a mesma sorte o resto dos xóves de "A Rosa Branca".
A revolta estudantil resultou aplastada e ningún estudante puido erguela voce polos irmáns Scholl. Nembargantes, nos días posteriores, podíanse ler algúns grafitis nos sectores aledaños á universidade que decían:
"O espíritu vive"
Hoxe, o cuadrante principal da Universidade de Munich denomínase "Scholl Platz" na honra ó sacrificio dos valerosos activistas de "A Rosa Branca".

É por iso, polo que Jazzmine levará consigo unha rosa branca, así de sinxelo.



4. guión:

Títulos de crédito principio. CAFETERÍA GALICIA. INT. DÍA.

Estamos frente á barra da cafetería, únicamente vemos a máquina de facer granizados, cos seus depósitos de xeo e unha aspa removendo o interior.

Sobre este fondo saen os títulos acompañados por un solo de saxo, moi baixiño.

Narrador/ Jazzmine:
(voz en off )
HABÍA UNHA VEZ UN EL QUE ERA TODO NOITE. SOMBRA DE SOMBRAS, PASO SOLITARIO, MOITO CAMIÑABA AS NOITES PARA ATOPALA.
HABÍA UNHA VEZ UNHA ELA QUE ERA TODA DÍA. DESTELLO DE TRIGO, DANZA CLARA, MOITO CAMIÑABA OS DÍAS PARA ATOPALO.
MOITO BUSCABAN O EL E A ELA. MOITO PERSEGUÍA A NOITE Ó DÍA. SABEDORES ESTABAN O EL E A ELA DE QUE A BÚSQUEDA NON SE ENCONTRABA.
PARECÍA QUE NON, QUE IMPOSIBLE, QUE NUNCA, QUE XAMAIS…


O último rótulo que aparece é:

GALICIA


Secuencia 1 e única. CAFETERÍA GALICIA. INT. DÍA.

Atopámonos na Cafetería Galicia, a máis antiga da cidade. Unha das paredes é toda ela un enorme ventanal, dende alí a xente pode ver como cae a choiva nos grises días do outono. Na outra parede, xusto enfrente da porta, está a barra, alta e robusta coma o primeiro día. Enriba da cafetera e da morea de botellas e aparellos propios do local que suben por detrás do mostrador hai un obxeto único, é o encargado de arrancar esta historia: un reloxo. Un tremendo reloxo cunhas enormes agullas e un tic-tac que despertaría a un difunto.

Reloxo:
TIC

O bar está en silencio, aínda que está medio cheo ninguén rebule.

Reloxo:
TAC

O camareiro saca brillo a unha copa de coñac, érguea e míraa a trasluz. Vótalle o alento.

Reloxo:
TIC

Entre os clientes vemos a unha parella de avós. O avó lee o xornal e a avoa olla para el. El pasa unha páxina con parsimonia.

Reloxo:
TAC

Nunha mesa hai un fulano coa vista posta na ventá, pero sen atender ó que pasa máis alá, pensando mentras fai rodar un puro sen encender coa punta dos dedos. Ó seu carón, noutra mesa, un mozo corpulento olla para el sen perder detalle.

Reloxo:
TIC

Na última mesa do bar, medio escondida entre as caixas, vemos a unha mociña escribindo nunha libretiña de peto. É laura, ten 17 anos, estudia oposicións e acostuma ir ó Galicia a media mañá para tomar un café. Ten a cabeza baixa para ver de preto o que escribe, como se fora miope. Para de escribir e levanta a faciana, ollando deica a porta.

Reloxo:
TAC

Ábrese a porta que da ó exterior, un forte ruido de voces entra da rúa. Son moitas voces falando á vez, pero non se lles entende nada.

Entra un mociño de aspecto vivo. Cando pecha a porta volta o silencio ó local.

Da un paso e párase frente da barra. El é Sindo, tamén anda polos 17 anos e vai á universidade, cando consegue erguerse a tempo. Hoxe, por exemplo, semella que se lle pegaron as sabanas. Nótase pola forma de vestir un pouco apurada cunha camiseta por riba da outra e cos pelos levantados dun lado.

O rapaz vírase en dirección á mesa da mociña que escribe, como buscándoa, como algo habitual.

Sindo:
(voz en off)
VELAÍ ESTÁ.

A mociña tamén olla para el, despois baixa a cabeza de golpe e segue a escribir.
Laura:
(voz en off)
HOME, XA PENSABA QUE HOXE NON VIÑAS.

O mozo disimula o seu interés por Laura e achégase á barra. Apóllase e volta a mirar deica a moza de reollo.

O camareiro ten a copa en alto. Báixaa sen mirar para o rapaz.

Camareiro:
(voz en off)
VELAÍ VEN OUTRA VEZ ESTE...

Ergue a vista para falar co cliente.

Camareiro:
¿QUÉ TAL RAPAZ? XA TE EXTRAÑABA.

O rapaz segue a mirar para o curruncho da moza.

Sindo:
(voz en off)
QUE BEN LLE SENTA ESA CAMISA VERMELLA.

Vírase e atende ó camareiro.

Sindo:
BOS DÍAS.
A VER ESE CAFÉ TAN RICO.

A mociña aproveita o momento no que Sindo fala co barman para mirar deica el.

Laura:
(voz en off)
OUTRA VEZ QUEDACHES DURMIDO, E ESAS PINTAS

Laura volta a escribir na súa libretiña.


Laura:
(voz en off)
CADA MAÑÁ, O ESPERTAR, PENSO EN ALGO PARA CHAMAR A TÚA ATENCIÓN.

O camareiro deixa a copa enriba dunha bandexa e voltéase para coller unha botella.

Camareiro:
(voz en off)
É DECIR, VASME PEDIR UN CIGARRO

Camareiro:
SEN AZÚCAR… COMA SEMPRE

Sindo:
(voz en off)
DE HOXE NON PASA, TEÑO QUE FALAR CON ELA

Sindo:
OES, ROBERTO. ¿NON TERÁS UN CIGARRIÑO?

O camareiro vota o coñac e pousa a botella.

Camareiro:
(voz en off)
O DITO, EU TIÑA ADICARME ÁS QUINIELAS

Mentras colle a bandexa, resposta.

Camareiro:
FALTARÍA MÁIS.

Na mesa dos avós, o home segue co xornal aberto e a muller tamén segue a mirar para el.

Avoa:
(voz en off)
HOXE PODE SE-LO DÍA, PARECE DE QUE ESTÁ DE BO HUMOR. SE LLO DIGO …

Fai o amago de incorporarse e falarlle ó home. El axusta as gafas e carraspea, ela frénase.

Avoa:
(voz en off)
SI, SI, HOXE PODE SE-LO DÍA.

O mozo fortachón que antes estaba pendiente do sibarita do puro, agora fíxase na parella de avós. En concreto na avoa.

Mozo:
(voz en off)
VESE QUE FOI UNHA SEÑORA.

Agora é Sindo o que mira para Laura ó tempo que xoga co cigarriño.

Sindo:
(voz en off)
TEÑO QUE AMAÑAR ALGO.
XA ESTÁ, CONVÍDOA A UN CAFÉ.

Laura aparenta que lee na libreta.

Laura:
(voz en off)
ESTE É PARVO. NON TEN ESPABILACIÓN.

Sindo mete o ciagrro na boca.

Sindo:
(voz en off)
NON. MELLOR FÁGOLLE UNHA SEÑA.
CHÍSCOLLE UN OLLO.

Laura suliña algo na libreta.

Laura:
(voz en off)
VOU TER QUE SER EU QUEN DEA O PRIMEIRO PASO

Sindo chupa o cigarro, coma se estivera prendido.

Sindo:
(voz en off)
NON, ESO NON. ESO É MOI VULGAR.

Ela pasa unha páxina.

Laura:
(voz en off)
VOULLE ESCRIBIR UNHA NOTA

El saca o pito da boca e mírao, sorprendese a si mesmo.


Sindo:
(voz en off)
LUME. LUME. PÍDOLLE LUME.

Xusto nese intre, Roberto prende un chisqueiro e ponllo a Sindo enfrente da faciana.

Camareiro:
(voz en off)
SE QUERES, DÉIXOCHE UN PULMÓN.

Camareiro:
VELAÍ UNHA CHISPA, RAPAZ.

Agora vemos unha forte bocanada de fume, xoga cos raios de luz que entran pola ventá e poco a pouco vaise esbaecendo. O seu creador é o sibarita do puro, que por fin decidiuse a prendelo.

Home do puro:
(voz en off)
UM, AIRES DA HABANA.

Detrás do fume aparece o semblante do mozo fornido pendente da avoa.

Mozo:
(voz en off)
VESE QUE FOI UNHA MULLER DOCE E FRÁXIL

Avoa:
(voz en off)
A VER, TEÑO QUE PLANTEARLLELO ÓS POUCOS.
PRIMEIRO FÁLOLLE DO TEMPO.
ESO, É UN DÍA FERMOSO PARA PASEAR

O camareiro ponlle a Sindo o café enriba da barra. O mozo colle a culler e remóveo pensativo mentras lle manda unha calada ó pitillo. Mírase no espello da parede, detrás da barra, e vé as pintas que leva.

Sindo:
(voz en off)
HOSTIA, QUE PELOS TEÑO

Laura xa escribíu a nota, relea e arrinca a folla. Mira de reollo para Sindo e pensa como vai facer para achegárllela.

Laura:
(voz en off)
AGORA VEREMOS COMO LLA ENTREGO

Sindo deixa o cigarro no cinceiro e decide ir ó baño para acicalarse.

Laura érguese e vai deica a barra, pídelle un vaso de auga a Roberto e deixalle a nota debaixo da taza.

Laura:
ROBERTO, ¿PODERÍAS TRAERME UN VASIÑO DE AUGA?

Camareiro:
RULA, XA VAI DE CAMIÑO

Volta deica o seu sitio no curruncho xusto cando sae Sindo do servicio. Trae o pelo mollado e aplastado.

Sindo:
(voz en off)
ESTO XA É OUTRA COUSA

Cando pasa ó carón do xove fortachón, vemos como este segue a mirar para a parella de avós. Ela sigue dubidando de decirllo ó seu marido.

Sindo arrímase á barra e non repara na nota, levanta o pocillo e o papel cae enriba da bandexa do camareiro. Nese intre Roberto pousa un vaso de auga enriba da folliña e ergue a bandexa.

Camareiro:
(cantando)
VOLANDO VOY, VOLANDO VENGO.

O fume do puro volta a xogar coa luz filtrada do ventanal. Seguindo o rastro do fume vemos o reloxo.

Reloxo:
TIC

O mozo fornido reflexiona sobre a parella de avós.

Mozo:
(voz en off)
VESE QUE LEVA TODA A VIDA…
REMENDANDO CAMISAS

Reloxo:
TAC

A avoa vótase para diante e fálalle ó marido.

Avoa:
PEPE, EU TÍÑA QUE DECIRCHE…

O avó baixa o xornal e mira de reollo para ela.

Reloxo:
TIC

Avó:
MARÍA, FAI O FAVOR DE CALAR.

Despois segue a leer o xornal.

Reloxo:
TAC

O camareiro ponlle a Laura o vaso de auga enriba da mesa.

Camareiro:
AUGA PARA REGAR AS FLORES

Ela ve a nota debaixo do vaso e ponse triste.

Reloxo:
TIC

Sindo apaga o pitillo e decide arrancar deica Laura, nese intre ábrese a porta que da afora. Outra vez escoitamos un barullo no exterior. Segune a ser voces que se solapan entre elas e non chegamos a distinguir nada.

E entra Jazzmine. Pecha a porta e todo regresa á clama. Un travesti alto e moi pintado, embutido nun traxe axustado que lle marca as curvas.

Reloxo:
TAC
Nese intre o mozo fortachón érguese e empeza a tocar un saxo.

Laura érguese e vai deica a porta. Mentras, Jazzmine contonéase deica Sindo e cólleo por banda, que intenta zafarse mentras Laura escapa para fora.

Jazzmine:
HOLA, MOCIÑO.
QUE PEITEADO ESTÁS.

Sindo:
JAZZMINE, DÉIXAME

Jazzmine:
SEICA ESPERABAS POR MIN.

Sindo:
JAZZMINE, JAZZMINE.
AGORA NON.

Ó final Jazzmine deixa a Sindo en liberdade, frente á porta quédase derrotado.

Jazzmine vai para a mesa de Laura e colle a nota.


Sindo mira para os distintos clientes. Todos están a mirar para el, como esperando pola súa reacción, o saxo fai un silencio.

Jazzmine lee a nota de Laura e fai un comentario en alto.

Jazzmine:
ENTÓN CHEGOU A MADRUGADA, PARA O EL, PARA A ELA.

Sindo sae correndo detrás de Laura.

O saxo soa outra vez, aínda con máis forza.

Jazzmine:
POR SEMPRE XAMAIS.

Fume do puro enrédase entre a luz dos ventanais e o reloxo volta a soar con forza.

Reloxo:
TIC

CORTA A NEGRO.

Reloxo:
TAC


Títulos de crédito final. EXCUSADO DA CAFETERÍA GALICIA. INT. DÍA.

Seguimos escoitando o solo de saxo.

Mentras saen os títulos, a imaxe está algo desenfocada, pero podemos distinguir a Jazzmine enfrente do espello do excusado, está a pintalos beizos.

F I N

Pachi Baranda
Arcos, febreiro de 2004.



 

 


5. Plano de rodaxe:

TÍTULOS DE CRÉDITO

PLANO 1. P. DETALLE DUN CADRO CO LOGO DA XUNTA. COMENZA ABERTO E VAI PECHANDO ATA VER O LOGO:


POR CORTE PASA Ó SEGUINTE PLANO E EMPEZAMOS A ESCOITAR A MÚSICA DO PRINCIPIO ¿UN PIANO?

PLANO 2. P. DETALLE DE LIBROS APILADOS, POR ENCIMA UNHA LIBRETA ABERTA, IGUAL:

PLÁCIDO BARANDA P.C.
OS FILMES DA PÍNTEGA


PLANO 3. P. DETALLE DUN LP DE VINILO, IGUAL, CERRAMOS ATA DISTINGUIR:
I.E.S.
Escola de Imaxe de Son da Coruña


PLANO 4. P. MEDIO DUNHA PIANOLA TOCANDO, DENDE UN LATERAL, DE XEITO QUE DISTINGAMOS AS TECLAS MOVÉNDOSE. O ENCADRE VAI PECHÁNDOSE Ó TEMPO QUE SE CENTRA DIANTE DO RODILLO DE PAPEL.

EMPÉZASE A ESCOITALA VOZ DE JAZZMINE MENTRAS APARECEN OS NOMES DOS ACTORES NO RODILLO.

Narrador/ Jazzmine:
(voz en off )
HABÍA UNHA VEZ UN EL QUE ERA TODO NOITE. SOMBRA DE SOMBRAS, PASO SOLITARIO, MOITO CAMIÑABA AS NOITES PARA ATOPALA.
HABÍA UNHA VEZ UNHA ELA QUE ERA TODA DÍA. DESTELLO DE TRIGO, DANZA CLARA, MOITO CAMIÑABA OS DÍAS PARA ATOPALO.
MOITO BUSCABAN O EL E A ELA. MOITO PERSEGUÍA A NOITE Ó DÍA. SABEDORES ESTABAN O EL E A ELA DE QUE A BÚSQUEDA NON SE ENCONTRABA.
PARECÍA QUE NON, QUE IMPOSIBLE, QUE NUNCA, QUE XAMAIS…
REMATA JAZZMINE E APARECE O TÍTULO DA CURTA. Ó TEMPO BAIXA A MÚSICA

G A L I C I A


FUNDE A NEGRO


Secuencia 1ª e única. CAFETERÍA GALICIA. INT. DÍA.


ABRE DE NEGRO


Secuencia 1 e única. CAFETERÍA GALICIA. INT. DÍA.

Atopámonos na Cafetería Galicia, a máis antiga da cidade. Unha das paredes é toda ela un enorme ventanal, dende alí a xente pode ver como cae a choiva nos grises días do outono. Na outra parede, xusto enfrente da porta, está a barra, alta e robusta coma o primeiro día. Enriba da cafetera e da morea de botellas e aparellos propios do local que suben por detrás do mostrador hai un obxeto único, é o encargado de arrancar esta historia: un reloxo. Un tremendo reloxo cunhas enormes agullas e un tic-tac que despertaría a un difunto.

11:05 HORAS
PLANO 5. P. DETALLE DO RELOXO, FRONTAL. - ver diferentes
ángulos e travelling, tamén rácor co plano seguinte

Reloxo:
TIC

PLANO 6. P. XERAL DO LOCAL. DENDE A ESQUINA DA ENTRADA. FACEMOS UNHA PANORÁMICA SUAVE. mesas -> barra

O bar está en silencio, aínda que está medio cheo ninguén rebule.

PLANO 7. P. DETALLE DO RELOXO, DENDE O LADO DEREITO

Reloxo:
TAC

PLANO 8. P. MEDIO DO CAMAREIRO DENDE FORA DA BARRA, PERO NON FRONTAL. IMOS PECHANDO O ENCADRE ATA EL.

O camareiro saca brillo a unha copa de coñac, érguea e míraa a trasluz. Vótalle o alento.

PLANO 9. P. DETALLE DO RELOXO, DENDE O LADO ESQUERDO

Reloxo:
TIC

PLANO 10. P. XERAL DOS AVÓS SENTADOS, PECHAMOS O ENCADRE SOBRE A MULLER ATA QUE O HOME QUEDE FORA Ó TEMPO QUE PASA A PÁXINA DO XORNAL. ABC mes de marzo sen foto portada

Entre os clientes vemos a unha parella de avós. O avó lee o xornal e a avoa olla para el. El pasa unha páxina con parsimonia.

PLANO 11. P. DETALLE DO RELOXO, CONTRAPICADO

Reloxo:
TAC

PLANO 12. P. DAS MANS XOGANDO CO PURO, NON DEMASIADO PECHADO, ADIVIÑANDO PARTE DO HOME COAS PERNAS CRUZADAS. ABRE A MEDIDA QUE FAI UN PANEO EN DIRECCIÓN Ó HOME. SEN ABRIR MÁIS, O PANEO SEGUE ATA DETRÁS E PARA CANDO ENTRA EN CAMPO O MOZO. movemento + abrir -> trasfoco

Nunha mesa hai un fulano coa vista posta na ventá, pero sen atender ó que pasa máis alá, pensando mentras fai rodar un puro sen encender coa punta dos dedos. Ó seu carón, noutra mesa, un mozo corpulento olla para el sen perder detalle.

PLANO 13. P. DETALLE DO RELOXO, CONTRAPICADO DENDE A DEREITA.

Reloxo:
TIC

PLANO 14. P. MEDIO DE LAURA. TIRO DE CÁMARA DENDE FORA DA BARRA. NO ENCUADRE VEMOS A LAURA NUNHA ESQUINA E O RESTO DA MESA COAS DEMAIS SILLAS VALEIRAS. ACHEGÁMONOS UN POUCO A ELA ATA QUE ERGUE A MIRADA, DESPOIS FACEMOS UN PANEO NA DIRECCIÓN QUE OLLA ELA. ¿travelling ou plano fixo?

Na última mesa do bar, medio escondida entre as caixas, vemos a unha mociña escribindo nunha libretiña de peto. É laura, ten 17 anos, estudia oposicións e acostuma ir ó Galicia a media mañá para tomar un café. Ten a cabeza baixa para ver de preto o que escribe, como se fora miope. Para de escribir e levanta a faciana, ollando deica a porta.

PLANO 15. P. DETALLE DA AGULLA SEGUNDEIRA DO RELOXO.
verase na montaxe si pega ben ou é prescindible

Reloxo:
TAC

PLANO 16. P. TRAVELLING POLO PASILLO DENDE A BARRA DEICA A PORTA, PRIMEIRO EN PICADO VEMOS AS BALDOSAS A CADROS E IMOS ERGUENDO ATA ESTAR ENFRENTE DA PORTA. ENTRA SINDO, PÁRASE E OLLA NA DIRECCIÓN DE LAURA. ¿achegar ou alonxar?
- abrir -
Ábrese a porta que da ó exterior, un forte ruido de voces entra da rúa. Son moitas voces falando á vez, pero non se lles entende nada.
Entra un mociño de aspecto vivo. Cando pecha a porta volta o silencio ó local.

Da un paso e párase frente da barra. El é Sindo, tamén anda polos 17 anos e vai á universidade, cando consegue erguerse a tempo. Hoxe, por exemplo, semella que se lle pegaron as sabanas. Nótase pola forma de vestir un pouco apurada cunha camiseta por riba da outra e cos pelos levantados dun lado.

O rapaz vírase en dirección á mesa da mociña que escribe, como buscándoa, como algo habitual.

Sindo:
(voz en off)
VELAÍ ESTÁ.

PLANO 17. P. MEDIO DE LAURA. TIRO DE CÁMARA DENDE FORA DA BARRA. NO ENCADRE PRIMEIRO NON VEMOS A LAURA, PERO CUN PEQUENO PANEO ENTRA EN CADRO. ACHEGÁMONOS ATA QUE BAIXA A CABEZA DEICA A LIBRETA. – ó revés co plano 14 ¿relación?
– volvendo a ela –
A mociña tamén olla para el, despois baixa a cabeza de golpe e segue a escribir.
Laura:
(voz en off)
HOME, XA PENSABA QUE HOXE NON VIÑAS.

PLANO 18. P. MEDIO DE SINDO DENDE O TIRO DO PLANO 16. SINDO XIRA A CABEZA. RECUAMOS COA CÁMARA E UN ANAQUIÑO DESPOIS SÉGUENOS EL. PLANO 16B

O mozo disimula o seu interés por Laura e achégase á barra. Apóllase e volta a mirar deica a moza de reollo.

PLANO 17B : INSERTO PLANO DE LAURA

PLANO 19. P. MEDIO DA BARRA. ENTRA SINDO NO ENCADRE E FACEMOS UN PANEO ATA QUE APARECE O CAMAREIRO. CANDO SINDO SE APOLLA NA BARRA TÉMOLOS ÓS DOUS NO MESMO CADRO. único plano, sen plano contraplano - OLLO TEMPOS VOCES

O camareiro ten a copa en alto. Báixaa sen mirar para o rapaz.

Camareiro:
(voz en off)
VELAÍ VEN OUTRA VEZ ESTE...

Ergue a vista para falar co cliente.

Camareiro:
¿QUÉ TAL RAPAZ? XA TE EXTRAÑABA.

O rapaz segue a mirar para o curruncho da moza.

Sindo:
(voz en off)
QUE BEN LLE SENTA ESA CAMISA VERMELLA.

Vírase e atende ó camareiro.

Sindo:
BOS DÍAS.
A VER ESE CAFÉ TAN RICO.


PLANO 20. P. MEDIO DE LAURA. – variar lixeiramente do anterior

A mociña aproveita o momento no que Sindo fala co barman para mirar deica el.

Laura:
(voz en off)
OUTRA VEZ QUEDACHES DURMIDO, E ESAS PINTAS

PLANO 21. P. DETALLE DA LIBRETIÑA. LAURA ALOUMIÑA A PÁXINA.
– ¿cámara ó hombro?
Laura volta a escribir na súa libretiña.

Laura:
(voz en off)
CADA MAÑÁ, O ESPERTAR, PENSO EN ALGO PARA CHAMAR A TÚA ATENCIÓN.

PLANO 22. P. MEDIO DA BARRA. MESMO TIRO CO PLANO 19 PERO MÁIS PECHADO, DE XEITO QUE ESTAMOS MÁIS PRETO DOS PERSONAXES

O camareiro deixa a copa enriba dunha bandexa e voltéase para coller unha botella.

Camareiro:
(voz en off)
É DECIR, VASME PEDIR UN CIGARRO

Camareiro:
SEN AZÚCAR… COMA SEMPRE

Sindo:
(voz en off)
DE HOXE NON PASA, TEÑO QUE FALAR CON ELA

Sindo:
OES, ROBERTO. ¿NON TERÁS UN CIGARRIÑO?


PLANO 23. PRIMEIRÍSIMO PLANO DETALLE DA COPA ENCHÉNDOSE.

O camareiro vota o coñac e pousa a botella. Pl. Det. café ou máquina café


PLANO 24. P. MEDIO DA BARRA. COMA O PLANO 22.

Camareiro:
(voz en off)
O DITO, EU TIÑA ADICARME ÁS QUINIELAS

Mentras colle a bandexa, resposta.

Camareiro:
FALTARÍA MÁIS.

Sindo está sempre presente mentras o camareiro curra


PLANO 25. P. MEDIO DOS AVÓS. EN PRIMEIRO TÉRMINO ESTÁ A MULLER. FACEMOS UN PANEO LENTO ATA QUE TEMOS A ELA E Ó MOZO NO MESMO ENCADRE. igual co plano do puro, ¿falsear sitio?
según situación das mesas
Na mesa dos avós, o home segue co xornal aberto e a muller tamén segue a mirar para el.
Avoa:
(voz en off)
HOXE PODE SE-LO DÍA, PARECE DE QUE ESTÁ DE BO HUMOR. SE LLO DIGO …

Fai o amago de incorporarse e falarlle ó home. El axusta as gafas e carraspea, ela frénase.

Avoa:
(voz en off)
SI, SI, HOXE PODE SE-LO DÍA.

O mozo fortachón que antes estaba pendiente do sibarita do puro, agora fíxase na parella de avós. En concreto na avoa.

Mozo:
(voz en off)
VESE QUE FOI UNHA SEÑORA.

PLANO 26. TRAVELLING DA SUPERFICIE DO MOSTRADOR ATA ATOPALA MAN DE SINDO MOVENDO O CIGARRO. – o camareiro limpa
dentro de plano mentras facemos o movemento sobre a barra e sen abrir -
Agora é Sindo o que mira para Laura ó tempo que xoga co cigarriño.

Sindo:
(voz en off)
TEÑO QUE AMAÑAR ALGO.
XA ESTÁ, CONVÍDOA A UN CAFÉ.

PLANO 27. TRAVELLING DA SUPERFICIE DA MESA DE LAURA ATA ATOPALA SÚA MAN CO BOLI. PANEO

Laura aparenta que lee na libreta.

Laura:
(voz en off)
ESTE É PARVO. NON TEN ESPABILACIÓN.

PLANO 28. PRIMEIRÍSIMO PLANO DA BOCA DE SINDO E O CIGARRO

Sindo mete o ciagrro na boca.

Sindo:
(voz en off)
NON. MELLOR FÁGOLLE UNHA SEÑA.
CHÍSCOLLE UN OLLO.

PLANO 29. PRIMEIRÍSIMO PLANO DUNHA MIRADA DE LAURA DE REOLLO
Laura suliña algo na libreta. TIRAR PLANOS

Laura:
(voz en off)
VOU TER QUE SER EU QUEN DEA O PRIMEIRO PASO
PLANO 30. PRIMEIRÍSIMO PLANO DA BOCA DE SINDO E O CIGARRO

Sindo chupa o cigarro, coma se estivera prendido.

Sindo:
(voz en off)
NON, ESO NON. ESO É MOI VULGAR.

PLANO 31. PRIMEIRÍSIMO PLANO DUNHA MIRADA DE LAURA DE REOLLO

Ela pasa unha páxina.

Laura:
(voz en off)
VOULLE ESCRIBIR UNHA NOTA

PLANO 32. P.MEDIO DA BARRA. MESMO TIRO QUE PLANOS 19 E 22. NA ESQUINA DO ENCADRE ESTÁ SINDO SÓ ATA QUE O BARMAN LLE DA LUME QUE ENTRA EN CAMPO.

El saca o pito da boca e mírao, sorprendese a si mesmo.

Sindo:
(voz en off)
LUME. LUME. PÍDOLLE LUME.

Xusto nese intre, Roberto prende un chisqueiro e ponllo a Sindo enfrente da faciana.

Camareiro: FORA DE CADRO
(voz en off)
SE QUERES, DÉIXOCHE UN PULMÓN.

Camareiro:
VELAÍ UNHA CHISPA, RAPAZ.

PLANO 33. P. DETALLE DUNHA FORTE BOCANADA DE FUME. =PL.12 A MEDIDA QUE SE ESBAECE O FUME, FACEMOS UN PANEO VERTICAL DEICA ABAIXO E VEMOS Ó HOME DO PURO. DESPOIS PANEO ATA QUE APARECE NO CADRO O MOZO.

Agora vemos unha forte bocanada de fume, xoga cos raios de luz que entran pola ventá e poco a pouco vaise esbaecendo. O seu creador é o sibarita do puro, que por fin decidiuse a prendelo.

Home do puro:
(voz en off)
UM, AIRES DA HABANA.

Detrás do fume aparece o semblante do mozo fornido pendente da avoa.

Mozo:
(voz en off)
VESE QUE FOI UNHA MULLER DOCE E FRÁXIL

PLANO 34. PRIMEIRO PLANO DA MULLER, ELA NUNHA ESQUINA DO ENCADRE, POR DETRÁS SÚA ESTÁ VALEIRO.

Avoa:
(voz en off)
A VER, TEÑO QUE PLANTEARLLELO ÓS POUCOS.
PRIMEIRO FÁLOLLE DO TEMPO.
ESO, É UN DÍA FERMOSO PARA PASEAR

PLANO 35. P. XERAL DENDE DENTRO DA BARRA. TEMOS NO MESMO ENCADRE A SINDO E A LAURA
(xa o fixera antes)
O camareiro ponlle a Sindo o café enriba da barra. O mozo colle a culler e remóveo pensativo mentras lle manda unha calada ó pitillo. Mírase no espello da parede, detrás da barra, e vé as pintas que leva.

Sindo:
(voz en off)
HOSTIA, QUE PELOS TEÑO

Laura xa escribíu a nota, relea e arrinca a folla. Mira de reollo para Sindo e pensa como vai facer para achegárllela.


Laura:
(voz en off)
AGORA VEREMOS COMO LLA ENTREGO

Sindo deixa o cigarro no cinceiro e decide ir ó baño para acicalarse.

PLANO 36. P. MEDIO DE LAURA ERGUÉNDOSE.
nota -> érguese: plano fixo

PLANO 37. P. XERAL DENDE DENTRO DA BARRA. MESMO TIRO DE CÁMARA CO PLANO 35, PERO MÁIS PECHADO.

Laura érguese e vai deica a barra, pídelle un vaso de auga a Roberto e deixalle a nota debaixo da taza.

Laura:
ROBERTO, ¿PODERÍAS TRAERME UN VASIÑO DE AUGA?
EN PLANO
Camareiro:
RULA, XA VAI DE CAMIÑO

PLANO 38. TRAVELLING PICADO DOS PES DE LAURA VOLTANDO Ó SEU SITIO. PARAMOS UN INTRE ATA QUE APARECEN OS PÉS DE SINDO E IMOS DETRÁS DELES. ¿mudar acción? ¿crúzanse os pés?

Volta deica o seu sitio no curruncho xusto cando sae Sindo do servicio.

PLANO 39. P. XERAL DENDE DENTRO DA BARRA. MESMO TIRO COS PLANOS 35 E 37

Trae o pelo mollado e aplastado.

Sindo:
(voz en off)
ESTO XA É OUTRA COUSA

Cando pasa ó carón do xove fortachón, vemos como este segue a mirar para a parella de avós. Ela sigue dubidando de decirllo ó seu marido.

Sindo arrímase á barra e non repara na nota, levanta o pocillo e o papel cae enriba da bandexa do camareiro.

PLANO 4O. PLANO DETALLE DA FOLLIÑA. – dende a barra

Nese intre Roberto pousa un vaso de auga enriba da folliña e ergue a bandexa.

Camareiro:
(cantando)
VOLANDO VOY, VOLANDO VENGO.

PLANO 41. P. DETALLE DO FUME VOANDO. – mesmo plano

O fume do puro volta a xogar coa luz filtrada do ventanal. Seguindo o rastro do fume vemos o reloxo.

PLANO 42. P. DETALLE DO RELOXO ENTEIRO. CONTRAPICADO, POUCO A POUCO PECHA ENCADRE.

Reloxo:
TIC

PLANO 43. PRIMEIRO PLANO DO MOZO.

O mozo fornido reflexiona sobre a parella de avós.

Mozo:
(voz en off)
VESE QUE LEVA TODA A VIDA…
REMENDANDO CAMISAS

PLANO 44. P. DETALLE DO RELOXO ENTEIRO. CONTRAPICADO, MENTRAS SEGUE A PECHAR ENCADRE A PARTIR DO PLANO 41.

Reloxo:
TAC

PLANO 45. PRIMEIRO PLANO DA AVOA DE FRENTE DEICA O AVÓ.
= PLANO 25
A avoa vótase para diante e fálalle ó marido.

Avoa:
PEPE, EU TÍÑA QUE DECIRCHE…

O avó baixa o xornal e mira de reollo para ela.


PLANO 46. PRIMEIRÍSIMO PLANO FRONTAL DO RELOXO

Reloxo:
TIC


¿PLANOS EXPLICATIVOS? PLANO DETALLE DO VASO NA BANDEXA ENRIBA DA FOLLIÑA


PLANO 47. PRIMEIRO PLANO DO AVÓ DE FRENTE DEICA A AVOA.

Avó:
MARÍA, FAI O FAVOR DE CALAR.

Despois segue a leer o xornal.

PLANO – CONTRAPLANO CON REFERENCIAS

PLANO 48. PRIMEIRÍSIMO PLANO DETALLE DA AGULLA DO RELOXO

Reloxo:
TAC

PLANO 49. P. MEDIO DE LAURA MENTRAS DESCUBRE A NOTA QUE VEN PEGADA Ó VASO. DESPOIS PANEO VERTICAL DEICA ARRIBA ATA VERMOS O RELOXO. – paneo da folla ós ollos de Laura

O camareiro ponlle a Laura o vaso de auga enriba da mesa.

Camareiro:
AUGA PARA REGAR AS FLORES

Ela ve a nota debaixo do vaso e ponse triste.

PLANO 50. PLANO DETALLE DO RELOXO, FRONTAL.

Reloxo:
TIC

PLANO 51. PRIMEIRO PLANO DE SINDO APURANDO UNHA CALADA. SOLTA O FUME E BAIXA O CIGARRO, APÁGAO NO CINCEIRO.

PLANO 52. P. TRAVELLING POLO PASILLO DENDE A BARRA DEICA A PORTA, EN PICADO VEMOS AS BALDOSAS A CADROS ATA ESTAR ENFRENTE DA PORTA. ENTRA JAZZMINE, PÁRASE E IMOS ERGUENDO DENDE OS PÉS ATA A CABEZA.

Sindo apaga o pitillo e decide arrancar deica Laura, nese intre ábrese a porta que da afora. Outra vez escoitamos un barullo no exterior. Seguen a ser voces que se solapan entre elas e non chegamos a distinguir nada.

E entra Jazzmine. Pecha a porta e todo regresa á calma. Un travesti alto e moi pintado, embutido nun traxe axustado que lle marca as curvas.

PLANO 53. PLANO DETALLE DO RELOXO, FRONTAL.

Reloxo:
TAC

PLANO 54. P. XERAL DO MOZO DE PÉ.

Nese intre o mozo fortachón érguese e empeza a tocar un saxo.

PLANO 55. P. TRAVELLING POLO PASILLO SEGUINDO A JAZZMINE DENDE DIANTE, EN PICADO VEMOS O SEU CAMIÑAR POLAS BALDOSAS A CADROS. – ó revés do pl.52: subindo e para atrás

PLANO 56. P. TRAVELLING POLO PASILLO SEGUINDO A JAZZMINE DENDE ATRÁS, EN PICADO VEMOS O SEU CAMIÑAR POLAS BALDOSAS A CADROS.

PLANO 57. P. TRAVELLING POLO PASILLO SEGUINDO A LAURA DENDE ATRÁS, EN PICADO VEMOS O SEU CAMIÑAR POLAS BALDOSAS A CADROS, ATA QUE SAE POLA PORTA. ERGUE A CÁMARA E VEMOS A PORTA PECHANDO. – dende o pasillo

PLANO 58. P. MEDIO DE JAZZMINE E SINDO. Ó PRINCIPIO O CADRO ESTÁ BALEIRO, DESPOIS OS DOUS XÚNTANSE NO MEDIO. CANDO SINDO SE ZAFA DE JAZZMINE, SEGUÍMOLO CUN PANEO ATA QUE VOLTA O ENCADRE A ESTAR BALEIRO. PANEO PARA ATRÁS OUTRA VEZ ATA JAZZMINE, ESTA MIRA PARA SINDO E VAISE DE CAMPO. – dende dentro da barra, ela marcha, el tenta seguila
pero Jazzmine impídello
Laura érguese e vai deica a porta. Mentras, Jazzmine contonéase deica Sindo e cólleo por banda, que intenta zafarse mentras Laura escapa para fora.

Jazzmine:
HOLA, MOCIÑO.
QUE PEITEADO ESTÁS.

Sindo:
JAZZMINE, DÉIXAME

Jazzmine:
SEICA ESPERABAS POR MIN.

Sindo:
JAZZMINE, JAZZMINE.
AGORA NON.

Ó final Jazzmine deixa a Sindo en liberdade, frente á porta quédase derrotado.

Jazzmine vai para a mesa de Laura e colle a nota.

PLANO 59. P. DETALLE DA MESA DE LAURA, ENCIMA VEMOS A NOTIÑA ABANDOADA.

PLANO 60. PARTIMOS DUN P. MEDIO CONTRAPICADO DAS COSTAS DE SINDO. ESTÁ A MIRAR PARA ATRÁS POR RIBA DO HOMBRO. VOLTA A MIRAR PARA O FRENTE. FACEMOS UN TRAVELLING PARA ATRÁS DENDE O CONTRAPICADO. *** explicar ben ***

Sindo mira para os distintos clientes. Todos están a mirar para el, como esperando pola súa reacción, o saxo fai un silencio.

PLANO 61. PRIMEIRO PLANO DAS MANS DE JAZZMINE COA NOTA.
Jazzmine colle a nota
Jazzmine lee a nota de Laura e fai un comentario en alto.

Jazzmine:
ENTÓN CHEGOU A MADRUGADA, PARA O EL, PARA A ELA.

PLANO 62. PRIMEIRO PLANO DA PORTA PECHÁNDOSE.
CONTINUACIÓN DO PL.60
Sindo sae correndo detrás de Laura.

O saxo soa outra vez, aínda con máis forza.

PLANO 63. PRIMEIRÍSIMO PLANO DOS BEIZOS DE JAZZMINE.

Jazzmine:
POR SEMPRE XAMAIS.

PLANO 64. P. DETALLE DO FUME ESBAECÉNDOSE.

Fume do puro enrédase entre a luz dos ventanais e o reloxo volta a soar con forza.

PLANO 65. P. DETALLE DO RELOXO, FRONTAL E PECHANDO CADRO.

Reloxo:
TIC

CORTA A NEGRO.

Reloxo:
TAC


Títulos do final. EXCUSADO DA CAFETERÍA. INT. DÍA.

PLANO 66. P. MEDIO DO ESPELLO DO BAÑO. NA DEREITA ADIVÍÑANSE AS FORMAS DE JAZZMINE, MENTRAS NO ESPELLO VEMOS DESENFOCADO O SEU REFLEXO. ESTÁ A PINTAR OS BEIZOS. POLA METADE ESQUERDA DO CADRO SAE O ROL DOS TÍTULOS.

Títulos de crédito final. EXCUSADO DA CAFETERÍA GALICIA. INT. DÍA.

Seguimos escoitando o solo de saxo.

Mentras saen os títulos, a imaxe está algo desenfocada, pero podemos distinguir a Jazzmine enfrente do espello do excusado, está a pintalos beizos.

F I N
FUNDE A NEGRO

ABRE DE NEGRO

PLANO 67. P. MEDIO DUN MICRO, TODO ESTÁ ESCURO Ó ARREDOR. UN CHORRO DE LUZ DEN ARRIBA ILUMINA O MICRO. APARECE JAZZMINE, LEVA UNHA ROSA BRANCA, ACHÉGASE Ó MICRO, PÉGA OS BEIZOS O APARATO CON SENSUALIDADE.

CORTA A NEGRO.

APARECE O RÓTULO:
"O espíritu vive"

 

 

 

6.GALERÍA DE IMAXES: