|
DESPERTAR EN PARÍS
(Pulsar imaxe para agrandar)
1. Equipo Técnico
2. Equipo Artístico
3. Agradecementos
4. Sinopse
5. Guión
6. Plano
da rodaxe
7. Artículo
Voz de Galicia
8. Galería
de imaxes
UNHA PRODUCCIÓN DE:
· CINE CLUBE CARBALLIÑO
· OS FILMES DA PÍNTEGA
· A CHANCA PRODUCCIÓNS
EN COLABORACIÓN COA
· ESCOLA DE IMAXE E SON DE A CORUÑA
1. EQUIPO TÉCNICO:
Un filme de: PACHI BARANDA e
MANUEL I. NANÍN
Producción executiva: PEPE BARBA
Axudante de dirección: MÓNICA CORTÉS
Fotografía: TXAPU
Iluminación e ax.cámara: IVÁN GAYOSO,ANA
PRADA, ANTONIO NOGUEIRA
Son e misturas: ÓSCAR FERNÁNDEZ, MAFIA
RECORDS (CARBALLIÑO)
Músicas posibles: ROBERTO SOBRADO, KANON, THE
DISMAN
Foto fixa: MARICEL PARADELA, MARTA F.ALBERTE
Axudantes de producción: EVA PARDO, TATIANA GARCÍA,
MARTAF.ALBERTE, ANA PARDO, XOSÉ M.
PÉREZ
Efectos especiais: PACHECO
Maquillaxe: GELI
Making off: KORTOS Q3
Padriños: PEPE BARBA,MANOLO GONZÁLEZ,DANIEL
DOMÍNGUEZ
CARLOS ORO, CARLOS AMIL
DATAS DE RODAXE: 09/03/02-10/03/02
LOCALIZACIÓNS: O CARBALLIÑO

2. EQUIPO
ARTÍSTICO:
LUIS TOSAR
XOSÉ MANUEL PÉREZ
CHICHO CARBALLIDO
DARÍO
ANXO
ÁLVARO RODRÍGUEZ
TAMARA CRISTÓBAL
CLARA VÁZQUEZ
JAVIER COSTA
JOSI LAGE
JOSÉ ÁNGEL OTERO
XAVIER LORENZO
DANI MÉNDEZ
JULIO MARQUÉS

3. O NOSO AGRADECEMENTO
A:
A CHANCA DA TÍA CONCHA
FAMILIA OTERO (COMERCIAL ORCELLÓN)
EMPRESA MONTAÑESA, S.L.
MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ
FARMACIA FONTAIÑAS
CARBALLIÑO CINES
RECREATIVOS PEDRO DACAL
ALMACÉNS GAVILÁN
CASTRO MODA
FERNANDO (EUROFOTO)
LÚA MODA
FER
AMBULANCIAS CARBALLIÑO
POLICÍA LOCAL DO CARBALLIÑO
PROTECCIÓN CIVIL DO CARBALLIÑO
CONCELLO DO CARBALLIÑO
SEUR
AGUSTÍN CADERNO BARANDA
A TODA A XENTE QUE NOS APOIOU DENDE O PRINCIPIO
COMPRANDO CAMISETAS the end
COMPRANDO UN SOÑO PARA NÓS
En especial ás nosas familias pola súa
paciencia

4. SINOPSE
Dun xeito ou doutro a todos nos chegará
o momento no que teñamos que enfrontarnos ó día máis
importante da nosa vida. A Bernucho chegoulle hoxe, e para iso non dubida
en acicalarse co seu mellor traxe, non gardado para esta ocasión
en concreto.
Agora ben, esta ocasión en concreto si xustifica tanta elegancia,
porque os ollos de Bernucho hoxe, van inmortalizar o quefacer cotián
dos veciñosda súa vila.

5.GUIÓN
Despertar
En
París
[ V E R S I Ó N 2 . 0 . ]
Idea e argumento: Manuel I. Nanín
Guión: Manuel I. Nanín e Pachi Baranda.
Decembro de 2001.
1 EXT. VILA GALEGA – AMENCER – TÍTULOS
DE CRETO.
Amanece na vila protagonista da nosa historia.
A rúa principal, a do paseo, está baleira. Comezamos a percorrela,
e segundo avanzamos, ímonos elevando ata subir por enriba das casas
e quedarnos coa imaxe do ceo espertando.
FUNDE A NEGRO
Saen os títulos de creto.
2 INT. HABITACIÓN DE BERNUCHO – DÍA
BERNUCHO, dunhos 30 anos, estase acicalando diante
dun armario con espello, para el é un día moi especial,
é o día máis importante da súa vida, por iso
viste un traxe con garabata e leva o pelo engominado.
BERNUCHO:
Hoxe é o día máis importante da miña vida.
Pecha a porta do espello e colle un maletín
de enriba da cama.
Sae da habitación, vai deica a porta de
saída.
3 INT. ESCALEIRAS DA CASA DE BERNUCHO – DÍA
Bernucho sae da casa e baixa as escaleiras, vai
para a rúa.
4 EXT. RÚA PRINCIPAL DO CARBALLIÑO
– DÍA
Vai pola rúa en dirección a Praza
Maior e ó Concello.
Párao un coñecido que se sorprende
polo elegante que vai.
COÑECIDO:
¡Bernucho! ¡Qué ben parecido vas!
BERNUCHO:
Hoxe é o día máis importante da miña vida.
Segue camiñando áte entrar no Concello.
5 INT. ESCALEIRAS DE ENTRADA DO CONCELLO –
DÍA
Subindo atópase con outro coñecido
no descansiño das escaleiras.
OUTRO COÑECIDO:
¿Oes?. Iso xa está solucionado. Por certo, ¡Qué
ben parecido vas!
BERNUCHO:
Si, hoxe é o día máis importante da miña vida.
Bernucho segue subindo e entra no Salón
de Plenos do Concello.
6 INT. SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO - DÍA
O protagonista entra, prende as luces, observa
a estancia e vai cara o balcón. Abre as portas do balcón
e sae.
7 EXT. BALCÓN DO CONCELLO - DÍA
Dende alí vota unha ollada xeral á
Praza Maior, entre os ondeos das bandeiras institucionais.
Pousa o maletín que leva, ábreo e
saca un adival cun nudo feito ó xeito dos aforcados. Ata unha punta
da corda á baranda do balcón e a outra enróscaa no
pescozo.
Avanta a baranda con parsimonia e tírase,
quedando pendurado do balcón.
DENDE O PUNTO DE VISTA DE BERNUCHO
FUNDE A NEGRO
8 EXT. PLANO PICADO DENDE O PUNTO DE VISTA DE BERNUCHO - DÍA
ABRE DE NEGRO
8 – A EXT. PICADO DENDE O PUNTO DE VISTA
DE BERNUCHO - DÍA
Vemos aínda como se balancean os seus pés.
De pronto vemos como un balón chega áte
debaixo del, un neno achégase para recollelo. O neno, despois de
coller o balón, queda mirando para Bernucho.
O neno acíncalle a un pé e bambéao.
Por detrás chega a nai do neno, dalle un
coscorrón e cólleo dun brazo, levándoo consigo aínda
que con resistencia.
Volta o neno e ponse a mirar fixamente para Bernucho.
Por detrás tamén volta a nai do cativo
e agora lévaoo a bofetóns e couces.
8 – B EXT. PICADO DENDE O PUNTO DE VISTA DE BERNUCHO - DÍA
Algunha xente pasa e non lle dan importancia a presencia de Bernucho.
Chega un home (LISTÍN) engaiolado co seu
mellor traxe, agarda nervioso na espera dunha cita, como un raparigo na
súa primeira vez. Olla para Bernucho con asombro, e xusto nese
intre chega unha muller (CARME).
Míranse aos ollos collidos das mans e despois
marchan xuntos.
8 – C EXT. PICADO DENDE O PUNTO DE VISTA DE BERNUCHO - DÍA
Dun lado a outro, pasa un cura cunhas muletas sen darlle importancia á
presencia de Bernucho.
A toda presa, cruza un tipo cargado con libros.
Cáelle un pero el segue o seu camiño.
Chega unha muller de mediana idade vestida cun
hábito, para frente de Bernucho, fai o sinal da cruz e despois
axeónllase. Quita un rosario do peto e rézalle.
8 – D EXT. PICADO DENDE O PUNTO DE VISTA
DE BERNUCHO - DÍA
Chega un transportista de SEUR cun paquete e pregúntalle a Bernucho.
SEUR:
¿Oes? Ti pareces de eiquí!
¿Onde está a oficina do Cine Clube?
Como Bernucho non responde, o tipo de SEUR lisca
mosqueado.
8 – E EXT. PICADO DENDE O PUNTO DE VISTA
DE BERNUCHO - DÍA
Pasa unha moza tirando dunha bicicleta, é LÚA.
Chega un garda civil e diríxese a beata.
GARDA CIVIL:
¡Señora! Érgase.
¿Non vé que este non é sitio de rezar?
¡Está a entorpece-lo tráfico!
A muller persígnase, érguese e fuxe.
O garda civil pídelle a documentación
a Bernucho.
GARDA CIVIL:
¡A ver!
¡Ti!
¡Os papeis!
8 – E ( cont. ) EXT. PICADO DENDE PUNTO VISTA
BERNUCHO - DÍA
Como Bernucho non contesta, decide rebuscarlle no peto.
Volta o tipo de SEUR e o garda síntese coma
se o pillaran, disimula póndolle unha multa a Bernucho.
SEUR:
¡A sus órdenes!
¿Me podría decir onde queda la oficina de Cine Clube?
GARDA CIVIL:
(indicando coa man esquerda)
Sí hombre, allí arriba, a la dereita.
SEUR:
¡Gracias!, Usted lo pase bien
¡E, a mandar!
O garda civil saca peito e lisca do lugar do crime.
8 – F EXT. PICADO DENDE O PUNTO DE VISTA DE BERNUCHO - DÍA
Ven o tipo que deixou caer o libro, agáchase
para recollelo e, a medida que se ergue, repara en Bernucho. Despois lisca
por onde veu.
Chega un colega de Bernucho e párase ollando para el, en actitude
pasota, desafiante.
COLEGA:
¡Pero Bernucho!
¡Ti sempre dando a nota!
O colega vaise.
Chega un mozo tirando dun cadaleito, é AVELINO.
Párase enfrente de Bernucho, mírao fíxamente a cara,
como pedindo unha resposta. Logo segue o seu camiño.
8 – G EXT. PICADO DENDE O PUNTO DE VISTA DE BERNUCHO - DÍA
Volta o colega e trae unha escada de tixeira. Pona o pé de Bernucho,
ábrea e sube. Saca unha navalla e dí:
COLEGA:
¡Xa estou farto das túas tonterías!
¡Me cago no carallo!
Corta a corda e bernucho cae nos seu ombros, baixa
a escaleira, recóllea e vanse ( con Bernucho dando morrazos contra
o cú do colega ).
T H E E N D
Despertar en París
[ P E R S O N A X E S ]
BERNUCHO .......................
COÑECIDO 1 .......................
COÑECIDO 2 .......................
NENO .......................
NAI DO NENO .......................
BEATA .......................
TRANSPORTISTA .......................
GARDA CIVIL .......................
COLEGA .......................
LISTÍN .......................
CARME .......................
CURA .......................
TIPO LIBROS .......................
LÚA .......................
AVELINO .......................
Despertar en París
Dun xeito ou doutro a
todos nos chegará o
momento no que teñamos
que enfrontarnos ó día
máis importante da nosa
vida. A Bernucho
chegoulle hoxe, e para
iso non dubida en
acicalarse co seu mellor
traxe, non gardado para
esta ocasión en concreto.
Agora ben, esta ocasión en
concreto si xustifica
tanta elegancia, porque
os ollos deBernucho hoxe,
van inmortalizar o quefacer
cotián dos veciños
da súa vila.

6. PLANO DA RODAXE
SABADO 9 DE MARZO DE 2002
LOCALIZACIÓN 1: EXT. DÍA.
O CARBALLIÑO: R/.Perfectino Vieitez.
SECUENCIAS: 1
PERSONAXES: ningún
OBSERVACIÓNS: amencer, a imaxe sube deica o ceo
LOCALIZACIÓN 2: EXT/INT. DÍA.
O CARBALLIÑO: R/.Perfectino Vieitez.
Praza Maior
Escaleiras do Concello
Salón Plenos do Concello
Balcón do Concello
SECUENCIAS: 4 – 5 – 6 - 7
PERSONAXES: Bernucho, Coñecido 1, Coñecido 2.
OBSERVACIÓNS: facer todo nun plano-secuencia
LOCALIZACIÓN 3: INT. DÍA.
O CARBALLIÑO: Escaleiras Edi.“Gavilán”
SECUENCIAS: 3
PERSONAXES: ningún
OBSERVACIÓNS: a secuencia remata cun fundido a branco
LOCALIZACIÓN 4: INT. DÍA.
LONGOSEIROS: Casa Nanín-“A Chanca”
SECUENCIAS: 2
PERSONAXES: Bernucho
OBSERVACIÓNS:
DOMINGO 10 DE MARZO DE 2002
LOCALIZACIÓN 5: EXT. DÍA.
O CARBALLIÑO: Praza dos Irmáns Prieto
SECUENCIAS: 8
PERSONAXES: neno, nai, beata, seur, garda, turista,
colega, Listín, Carme, Lúa, Avelino,
cura, tipo dos libros,
OBSERVACIÓNS: plano secuencia, descolgar aforcado

7.ARTÍCULO VOZ DE GALICIA
Domingo, 7 de marzo del 2004
BARBANZA
Los cineastas solicitaron en Boiro
más apoyo para el sector audiovisual
Pachi Baranda y Fran Estévez acudieron a la primera
sesión del ciclo de cortos
Unas 150 personas visionaron las ocho cintas que se proyectaron en la
casa de cultura. El corto Equinocio
abrió el viernes en Boiro las jornadas audiovisuales organizadas
por el Concello, en colaboración con la empresa Mr Misto. Fue el
gerente de esta firma, Xoán Mariño, el primero en reivindicar
desde el estrado de la casa de cultura de A Cachada más apoyo para
el sector, una reclamación en la que incidieron los dos directores
que acudieron a la sesión, Pachi Baranda y Fran Estévez.
Ante un auditorio integrado por unas 150
personas, Mariño hizo hincapié en las dificultades con las
que se encuentran los cineastas para conseguir que sus trabajos lleguen
al público en general: «Por iso é de agradecer que
concellos coma o de Boiro aposten por este sector e poñan en marcha
iniciativas deste tipo», manifestó.
Antes de comenzar la proyección
de los cortos, Pachi Baranda recordó sus inicios en el mundo del
audiovisual y relató cómo transcurrió la grabación
de Despertar en París , cinta que después fue visionada
por el público.
El cineasta de Carballiño explicó
que todo empezó «nun grupo de amigos que decidimos facer
este experimento e collemos unha cámara». Pese a ello, el
corto cuenta en su reparto con actores de primer nivel en Galicia, como
Luis Tosar.
Por la improvisada pantalla de cine de
la casa de cultura boirense también pasaron otras caras conocidas
como las de María Estévez, Serxio Pazos o Ernesto Chao.
Pese a que la sesión se prolongó
más de dos horas, tiempo durante el que se proyectaron ocho cortos,
nadie abandonó sus butacas. Dos de ellas estaban ocupadas por los
concejales Juan Jesús Ares y Javier Cortés Laíño.
Contribuyó a animar la jornada
la diversidad temática de las cintas. Y es que, los asistentes
pudieron disfrutar de obras de corte dramático como A Subela, o
comedias como As loiras os prefiren cabaleiros , pasando por la animación
de trabajos como Taxia .
Cuando concluyeron las proyecciones, Xoán
Mariño hizo un pequeño examen a los asistentes para comprobar
que habían prestado atención. Eso sí, quienes acertaron
correctamente a las preguntas formuladas sobre los actores o los escenarios
tuvieron su recompensa y se hicieron con una camiseta.
Ayer estaba previsto que se desarrollase
la segunda y última sesión de esta primera edición
de las Xornadas do Audiovisual de Boiro, con la proyección de otros
ocho cortometrajes de cineastas gallegos.

8.GALERÍA
DE IMAXES:
|