| MIGUEL ANXO
FERNÁNDEZ
1.Presentación
2.Bibliografía
individual
3.Premios
1.Presentación
Miguel Anxo Fernández (O
Carballiño, 1955)
Escritor, ensaísta e historiador cinematográfico. Profesor
de Comunicación Audiovisual e Publicidade, Universidade de Vigo,
Campus de Pontevedra. Crítico de cine e televisión do xornal
La Voz de Galicia. Tamén exerce a crítica cinematográfica
nos programas Diario Cultural, da Radio Galega, e Biblioteca Galega, de
Radio Voz. Presenta o espazo A Vía Láctea no programa Planeta
Cine, na Televisión de Galicia.
Foi vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual entre 2002 e 2006.
Membro da Sección de Comunicación, da Comisión Técnica
de Televisión e da Comisión Técnica de Audiovisuais
e Artes Plásticas, do Consello da Cultura Galega.
Membro do Padroado do Museo do Pobo Galego.
Coordina o plan experimental Audiovisual nas Aulas (2003-2007) para Consorcio
Audiovisual de Galicia e a Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria.
Director do Curso de Verán Cine e Literatura, da Universidade de
Vigo e Fundación Carlos Casares.
2.Bibliografía individual
Ensaio e Historia
O Carballiño. Vellas Historias,
vellas fotografías. 1870-1970. O Carballiño, Xociviga, 1992.
O Carballiño. Crónica de cine. 1900-1994. A Coruña.
CGAI, 1994.
Carlos Velo. Cine e exilio. Vigo, A Nosa Terra, 1996.
As imaxes de Carlos Velo. A Nosa Terra/Concello de Pontevedra. Vigo, 2002.
A Bella Otero, pioneira do cine. Galaxia. Vigo, 2003.
Rodado en Galicia. Consorcio Audiovisual de Galicia. Santiago, 2005.
Las imágenes de Carlos Velo (Universidad Nacional Autónoma
de México. UNAM. 2007)
Ficción
O sabre do francés.
Galaxia. Vigo, 2002.
Un nicho para Marilyn. Galaxia. Vigo, 2002.
O sangue dos Cortiña. A Nosa Terra. Vigo, 2004.
Capitol, última sesión. Galaxia. Vigo, 2004.
3.Premios
Literarios
2001 - Sempre en Galiza de Ensaio
por As imaxes de Carlos Velo (Concello de Pontevedra).
2002 - Chano Piñeiro Historia
da Galicia Cinematográfica por A Bella Otero, pioneira do cine
(Federación de Cine clubs de Galicia).
2002 - Manuel García Barros
pola novela Un nicho para Marilyn (Concello da Estrada) .
Audiovisuais
2000 - Honorífico Fernando
Rey dos Premios AGAPI (Asociación Galega de Productoras Independentes).
2004 - Honorífico Fundación
AIGSE (Fundación Autores e Intérpretes Sociedad de Gestión
de España).
MIANFERFER@terra.es
|