|
MUNTEM
Monumento homenaxe á emigración |
|
| A
OBRA O monumento representa un crisol de culturas de tódalas épocas e continentes, de xeito que identifica o amplo mosaico das máis de medio cento de cidades de todo o mundo, onde residen emigrantes carballiñeses. A estructura de ferro que sostén o monumento, está recuberta por 600 placas de cobre de 21x24 cm cada unha, mezclando signos arcaicos e contemporáneos alusivos ás diversas culturas dos países onde se atopan emigrantes, a Galicia, ó Carballiño e ó xeito que ten Carballido de concebir a vida cotiá e as súas manifestacións. Pero conta tamén, con outros elementos moi significativos: un globo terráqueo, un guerreiro e un templo, ademáis dun torno onde podemos ver as cidades de destino e a súa distancia quilométrica á Veracruz, punto cero. Cun peso de máis de 2,5 toneladas e unhas dimensións
aproximadas de 8,5 m de lonxitude por En Muntem predominan as ondas e superficies curvas, acaso
como unha representación daquelas longas travesías atlánticas
dos emigrantes, cara o Novo Mundo. A percepción varía segundo
a posición de quen mira a obra, permitindo moi diversas interpretacións. Foi un encargo do Concello do Carballiño e supuxo todo un reto de investigación e creación artística con ferro e cobre, únicos materiais empregados na obra.O resultado destaca pola súa orixinalidade, laboriosidade e imaxe plástica como unha escultura salientable e innovadora dentro da obra dos espacios públicos, e como símbolo da emigración é, dende logo, unha percepción imaxinativa, alonxada dos tópicos máis comúns, que a bon seguro convertirase moi pronto nun referente obrigado e identificador desta vila. Carlos A. Rodríguez
|